Actitudes lingüísticas en Galicia: compendio do III volume do mapa sociolingüístico de Galicia

Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega
Autor/a
Manuel González González
Director/a
Mauro A. Fernández Rodríguez
Coordinador/a
Modesto A. Rodríguez Neira
Coordinador/a

Sinopse

A presente obra culmina unha triloxía de publicacións que compendia os resultados máis salientables do Mapa Sociolingüístico de Galicia. Este ambicioso proxecto de investigación, aberto co estudo da lingua inicial e da competencia lingüística, continuado coa análise dos usos lingüísticos e agora rematado coa observación das actitudes lingüísticas, pretende ofrecer un panorama amplo, obxectivo e pormenorizado da situación sociolingüística galega, de xeito que non só sirva para afondar no seu coñecemento, senón que ademais poida ser de proveito para futuras tarefas da planificación lingüística de Galicia.

Cuberta para Actitudes lingüísticas en Galicia: compendio do III volume do mapa sociolingüístico de Galicia

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-87987-13-3
Número de depósito legal (17)
C. 1920-1996
Data de publicación (01)
1996