Os manuscritos e as imaxes de Emilia Pardo Bazán: catálogo do arquivo da familia Pardo Bazán

Ricardo Axeitos Valiño
Autor/a
Nélida Cosme Abollo
Autor/a
Mercedes Fernández-Couto Tella
Director/a
Real Academia Galega
Editor/a

Sinopse

O catálogo que temos a satisfacción de poñer a disposición dos usuarios do Arquivo da Real Academia Galega ten a súa orixe na crecente necesidade de dar a coñecer dun modo fiable, con rigor e claridade, non soamente a organización, senón tamén, o contido da documentación literaria de Emilia Pardo Bazán existente na Institución. Até o de agora este fondo, custodiado pola Real Academia Galega, é o acervo documental máis grande e completo que se conserva da escritora coruñesa. Por este motivo cremos que a súa difusión non só é importante senón tamén necesaria, especialmente ao coincidir coa revalorización que a crítica vén facendo nos últimos anos da obra de Emilia Pardo Bazán.

Cuberta para Os manuscritos e as imaxes de Emilia Pardo Bazán: catálogo do arquivo da familia Pardo Bazán
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-87987-57-5
Número de depósito legal (17)
C. 2915-2004
Data de publicación (01)
2004