Dicionario galego da televisión

Edith Pazó Fernández
Autor/a

Sinopse

O Dicionario galego da televisión é unha proposta que nace da necesidade urxente de lle procurar un nome galego a cada elemento da produción televisiva, que nos permita comprender e identificar a que nos estamos a referir en cada momento desde as distintas especialidades que interveñen nela: a telecomunicación, a iluminación, a edición, a preprodución, a redacción xornalística, a programación, a análise de audiencias, a deontoloxía, a teoría da comunicación, a xestión de medios etc.

Na súa elaboración tívose a vontade de ofrecer a través del algo máis ca un compendio de termos e procurouse ir trazando un deseño básico do funcionamento da televisión mediante a explicación das palabras coas que os técnicos se refiren cada día aos distintos aspectos do seu traballo.

Así, a escolla da relación de lemas desta obra foi baseada non só en obras terminolóxicas, senón, e sobre todo, en textos de uso profesional, en documentación de empresas de servizos televisivos, editados ou de circulación electrónica, e en fontes orais. Ao pé dos termos máis usuais do medio, incorporáronse nomes de estándares, de organismos reguladores, dos principais operadores, nun formato lexicográfico aberto, de certo carácter enciclopédico, que procura, a través de algo máis de 3000 definicións, introducir o lector no mundo da televisión.

Cuberta para Dicionario galego da televisión
Colección
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-453-4062-X
Número de depósito legal (17)
C. 1542-2005
Data de publicación (01)
2005