Emilia Pardo Bazán homenaxeada en privado: nas dedicatorias dos libros de moi ilustres escritores

Emilia Pardo Bazán homenaxeada en privado

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

Data de publicación (11)

2003

Autores/as

Xesús Alonso Montero
Autor/a
Real Academia Galega. Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Editor/a

Resumo

Moi importantes escritores cubriron de gabanzas a dona Emilia nas dedicatorias dos seus libros. Algúns, neste circuíto privado, dirían o que non proclamaban en público (non estaba ben visto renderse a unha escritora, a aquela escritora). Repárese nestas dedicatorias:

  • De Pereda, en Pedro Sánchez (1883): “A la insigne escritora, honor de su sexo... su apasionado lector y admirador incansable”.
  • De Juan Valera, en Morsamor (1899): “A la ilustre amiga... con mil expresiones de cariño y de alta estimación por su fértil, original y simpático ingenio, su devoto admirador".
  • E de Menéndez Pelayo, en De las vicisitudes de la filosofía platónica en España (1900): “A la ilustre escritora..., su admirador y constante amigo”.

Quizais estes tres dedicadores non tratasen, nesas datas, á dedicataria tan gabanciosamente se tivesen que pronunciarse en público sobre ela.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.