Lorenzo Varela: algúns inéditos

Lorenzo Varela. Algúns inéditos

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición dixital

Data de publicación (11)

2005

Autores/as

Lorenzo Varela
Autor/a

Resumo

Estes manuscritos autógrafos de Lorenzo Varela, inéditos na súa maior parte, chegaron á Real Academia Galega grazas á xenerosidade de don Isaac Díaz Pardo, que, tamén quixo facelos chegar a todos os estudosos e lectores da obra do escritor de Monterroso.

Os debuxos e manuscritos autógrafos, unha peza teatral e varios poemas, que se ofrecen nesta edición proceden dun caderno de 24 cm x 16,5 cm con pastas duras e de 262 páxinas sen numerar. É moi posible que este caderno fose comprado en México por Lorenzo Varela antes da súa viaxe a Buenos Aires, vía Santiago de Chile.

Na edición que aquí presentamos, conmemorativa do Día das Letras Galegas de 2005, dedicado ao autor, respectouse tanto a ortografía como a puntuación do orixinal, mais non así a orde, que foi reestruturada coa finalidade de achegarlle coherencia lóxica e estética que axudase na lectura.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.