Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868 e 1968

Xulio F. Ogando Vázquez
Autor/a
Xosé Filgueira Valverde
Autor/a

Sinopse

Discurso lido o día 18 de abril de 1980 no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Xulio Francisco Ogando Vázquez e resposta do excelentísimo señor don Xosé Filgueira Valverde.

O solemne acto académico no que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 18 de abril de 1980 no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, en Ourense.

A presente edición elaborouse a partir dos mecanoscritos orixinais custodiados no arquivo da Real Academia Galega e da edición publicada pola Xunta de Galicia no ano 1980.

Cuberta para Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868 e 1968
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición dixital
Data de publicación (01)
2016