Toponimia de Begonte e Rábade

Paulo Martínez Lema
Autor/a

Sinopse

Con esta colección, a Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica pretenden recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia, dun xeito divulgativo e ameno para axudar a coñecérmonos algo máis como galegos. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo.

Presentamos aquí o número 2 da colección, correspondente á Toponimia de Begonte e Rábade, realizada por Paulo Martínez Lema, doutor cunha tese sobre toponimia medieval e autor de numerosos artigos sobre distintos aspectos da toponimia en revistas académicas.

Cuberta para Toponimia de Begonte e Rábade
Colección
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-13 (15)
978-84-947823-2-9
Código electrónico JP (27)
C. 2084-2018
doi (04)
https://doi.org/10.32766/rag.333
Data de publicación (01)
2018