Emilia Pardo Bazán. A hora dos contos: unidade didáctica

Emilia Pardo Bazán. A hora dos contos

Detalles sobre o formato de publicación dispoñible: Unidade profesorado

Unidade profesorado

Formato (01)

Edición dixital

Data de publicación (11)

2020

Autores/as

Patricia Angulo Miró
Autor/a

Resumo

Sinalarium é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña no que traballa a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para desenvolver actividades e recursos que potencien a dignificación da vida e da obra da escritora coruñesa.

Cando falamos da obra literaria de Emilia Pardo Bazán non podemos esquecer a enorme variedade de contos que escribiu ao longo da súa vida: máis de 600 con temáticas tan diferentes como o amor, a terra, as lendas, os costumes, os crimes, as manías e obsesións, o medo, a violencia, a infancia, os animais... Coñecemos a través dos contos da escritora o mundo no que viviu, as viaxes, as lecturas, os faladoiros, as normas de comportamento...

Os contos constitúen un dos mais eficaces instrumentos para iniciar as nenas e nenos na lectura. A programación que aquí presentamos ten como obxectivo descubrir, coñecer, interpretar e reinterpretar contos de Emilia Pardo Bazán, acercando as súas historias aos escolares de educación primaria, como un primeiro contacto coa literatura da escritora. Pretendemos que os contos recollidos nesta unidade didáctica penetren na conciencia dos mais novos para que poidan atopar a mensaxe que neles se transmite.

 

Deputación da Coruña

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.