Francisca Herrera Garrido. Vida e obra: escolma de textos

Francisca Herrera Garrido
Autor/a
Carlos Casares
Editor/a literario/a

Sinopse

Integrada nunha tradición literaria fortemente dominada pola lírica, á cal, por outra parte parecían inclinala tanto a súa condición feminina como a devoción rosaliana, a escritora coruñesa tivo a coraxe de probar as súas forzas nun xénero de escasa tradición na literatura galega, para medirse no cal, ademais, non abundaban os modelos que puideran guiala tanto no plano das estruturas formais como no puramente lingüístico. Pero ademais deste esforzo, que por si só xustificaría a elección da escritora para ocupar unha cadeira na Real Academia Galega, a obra narrativa de Francisca Herrera non desmerece de canto no mesmo campo se publicara ata entón. Con todas as reservas que nos poida inspirar o folletín romántico, do que Néveda é claramente debedora, hai non obstante nas páxinas desta novela elementos construtivos que supoñen un avance considerable respecto de cantas a precederon. Pódese dicir que a novelista coñece a linguaxe como subxénero elixido e que dentro dese marco procede con corrección. Tal elegancia expresiva é nova nas letras galegas.

Escolma de textos e introdución biográfica de Francisca Herrera Garrido realizadas por Carlos Casares co gallo do Día das Letras Galegas de 1987.

 

Contido:
- Introducción
- Vida de Francisca Herrera Garrido
- Escolma

  • Narrativa
    • A ialma de Mingos
    • Martes de antroido
    • A neta da naipeira
  • Ensaio
    • A muller galega
  • Poesía
    • De Sorrisas e bágoas
      • Non hai probe
      • Petar na ialma
      • O capitán
    • De Almas de muller... ¡Volallas na luz!
      • Muller… ou nai?
    • De Frores do noso paxareco
      • A nosa xusticia
Cuberta para Francisca Herrera Garrido. Vida e obra: escolma de textos
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-600-4996-5
Número de depósito legal (17)
VG. 111-1987
Data de publicación (01)
1987