Cartas a Murguía: vol. I

Cartas a Murguía

Descargas

Colección

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-10 (02)

84-95892-02-2 (v.I)

Número de depósito legal (17)

C. 738-2003

Data de publicación (11)

2003

Autores/as

Xosé Ramón Barreiro Fernández
Editor/a literario/a
Xosé Luís Axeitos
Editor/a literario/a
Real Academia Galega
Editor/a
Fundación Barrié
Editor/a

Resumo

Primeiro volume do epistolario, con continuación no segundo publicado en 2005.

O epistolario de Murguía que custodia a Real Academia Galega, composto por algo máis de mil quiñentas cartas, supón unha radiografía da vida cultural e intelectual da sociedade galega do século XIX. A través das súas páxinas teremos ocasión de asistir á xestación dalgúns dos proxectos culturais que máis solidamente contribuíron á creación dunha conciencia galeguista ao longo da segunda metade do século pasado. Precisan as cartas non poucos datos biográficos de Murguía, ademais de perfilar o seu talante liberal e democrático, sempre ao servizo da idea de Galicia.

Este primeiro volume do epistolario abrangue as cartas recibidas por Murguía desde 1855 a 1867 onde o Diccionario de escritores gallegos e a Historia de Galicia ocupan os días e afáns do noso autor.

A lectura destas cartas que presentamos constitúe un bo exemplo do que podemos chamar "comercio epistolar". Son cartas, en efecto, que encerran no seu conxunto o esforzo por construír unha identidade para Galicia. Neste senso non só figuran entre os interlocutores de Murguía as grandes personalidades senón que aparecen tamén cartas humildes, de xente do pobo, que pretende colaborar con orgullo a presentar Galicia polo mundo adiante. É así que podemos dicir que este feixe de cartas atesoura en boa medida as lembranzas, soños e esperanzas dos homes e mulleres que loitaron pola construción de Galicia.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.