Publicacións periódicas
Equipo editorial
Comisión de Publicacións
A Comisión de Publicacións da Real Academia Galega ten as seguintes funcións:
- Presentar anualmente ante o Plenario o Plan Editorial da RAG, coas correspondentes modificacións que periodicamente se poidan producir no mesmo, conforme os recursos orzamentarios da institución e os proxectos académicos que se determinen.
- Estudar os orixinais ou propostas que se fagan chegar á RAG. Cada académico ou académica poderá presentar orixinais ou propostas á Comisión a cal, logo de avalialas, as someterá á consideración do Plenario para o que se depositará na secretaría un orixinal para a súa consulta e consideración polos señores académicos e académicas.
- Informar periodicamente o Plenario da súa actividade
O Plenario da RAG delega nesta Comisión de Publicacións as decisións que procedan para o cumprimento das súas funcións.
A Comisión de Publicacións esta constituída polos seguintes membros:
- Víctor F. Freixanes. Presidente
- Henrique Monteagudo. Secretario
- Francisco Díaz-Fierros Viqueira
- Manuel González González
- Chus Pato
- Pegerto Saavedra Fernández
- Nélida Cosme. Secretaria técnica.