Publicacións periódicas
Sección de Lingua. Seminario de Onomástica
13 títulos
O Seminario de Onomástica encárgase da recompilación de datos do ámbito da onomástica, da súa investigación e da elaboración de informes sobre toponimia e antroponimia. Este Seminario é o responsable de facer as propostas pertinentes á Xunta de Galicia para a fixación da onomástica e toponimia de Galicia.
Nesta colección, ademais de traballos específicos sobre onomástica, publícanse tamén as actas da xornada Estudos de onomástica galega celebrada anualmente na cidade de Pontevedra dende o ano 2016.