Estudos de Onomástica Galega IV. Os nomes das rúas

Estudos de Onomástica Galega IV

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-17807-00-9

Número de depósito legal (17)

C. 2075-2019

Data de publicación (11)

2019

Autores/as

Ana Isabel Boullón Agrelo
Editor/a literario/a
Luz Méndez
Editor/a literario/a

Resumo

Os nomes das rúas serven para orientarse nas vilas e cidades e tamén para organizar os territorios urbanos. Pero tamén adquiren unha moi importante carga simbólica e constitúen parte da paisaxe lingüística que acompaña aos habitantes acotío. Os cambios que ocorren nas guías das rúas e as novas eleccións de nomes coa expansión das zonas urbanas obedecen en moitas ocasións a razóns conmemorativas e acaban sepultando os nomes anteriores. Neste volume préstase atención a todos estes procesos, un campo de estudo moi pouco tratado en Galicia, e ademais quérese pór o foco na necesidade da preservación da toponimia tradicional por parte dos poderes públicos, neste caso os concellos, responsables dos nomes urbanos.
Amais de ofrecer un panorama dos nomes das rúas de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Lalín, explícase a formación histórica das rúas tradicionais de Gondomar e Santiago e a modificación dos nomes desta última cidade desde o punto de vista da memoria histórica. Tamén se ofrecen modelos de experiencias pedagóxicas desenvoltas nos concellos de Ribadeo e Valga. Finalmente, a Real Academia Galega propón, en conxunción coa Asociación Galega de Onomástica, a sinatura dunha declaración cos concellos para ofrecer unhas pautas que faciliten a ampliación dos espazos urbanos e manteñan asemade a toponimia, parte esencial do patrimonio inmaterial do noso pobo.

Índice

Limiar.
Ana Isabel Boullón Agrelo

I. O nacemento das rúas

  • Presentación
    Antón Palacio
  • Algúns nomes medievais das rúas de Santiago de Compostela (1352-1412)
    Gonzalo Hermo
  • Hodonimia de Baiona na documentación histórica
    Gonzalo Navaza

II. A memoria histórica

  • Presentación
    Antón Santamarina
  • Apropiación do espazo público e memoricidio: do golpe de 1936 ás políticas públicas da memoria
    Antonio Míguez Macho

III. Modelos de intervención didáctica

  • A toponimia urbana como recurso didáctico. Tres proxectos
    Suso Fernández Acevedo
  • Hai rúas nas aldeas? Unha experiencia didáctica no concello de Valga
    Pilar Buela e Juan Carlos Montejano

IV. A salvagarda da toponimia tradicional fronte á hodonimia conmemorativa: a práctica da denominación das rúas nos espazos urbanos

  • Presentación da mesa redonda
    Luz Méndez
  • O caso de Pontevedra
    Concepción Cochón Rodríguez
  • As rúas de Vigo
    Marta Souto
  • Pola rúa da Amargura: o declive da toponimia tradicional no nomenclátor urbano da Coruña
    Iván Méndez López
  • A práctica de denominación de rúas en Lalín: a Comisión do Rueiro
    Marta Negro Romero
  • Debate
  • Un modelo hodonímico mixto
    Gonzalo Navaza

V. Declaración

  • A toponimia como patrimonio. Modelo de declaración a prol da súa preservación.
    Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica

 

 Deputación de Pontevedra

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.