Concurso de microrrelatos
A lingua galega é o noso primeiro e basilar elemento de identidade como galegas e galegos, e o dominio .gal é unha mensaxe continuada ao mundo a través do ciberespazo na que lles estamos dicindo que somos un pobo cunha lingua útil e funcional. Neste mundo globalizado, a identidade é un valor cada vez máis cotizado e o dominio .gal é un vehículo excelente para darlle a coñecer ao mundo a nosa identidade.
No ano 2018, a Real Academia Galega e asociación Puntogal convocaron a primeira edición do Concurso de Microrrelatos co obxectivo de potenciar a presenza do idioma galego na modernidade que representan as tecnoloxías da información e comunicación e reforzar a identidade de Galicia no ciberespazo a través do dominio .gal.