Concurso de microrrelatos: relatos gañadores

Concurso de microrrelatos

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición dixital

Data de publicación (11)

2018

Autores/as

Silvia Camesella
Autor/a
Héctor Cajaraville
Autor/a
Ceres Serea Manso
Autor/a
Nee Barros
Autor/a
Teo Alonso
Autor/a

Resumo

A lingua é o noso primeiro e esencial elemento de identidade como galegas e galegos. Con ela comunicámonos e expresamos opinións, sentimentos e emocións, feitos e desexos. Con ela demostrámonos, e demostrámoslles aos demais, quen somos colectivamente. No mundo real e, cada vez máis, tamén no virtual.

Na amplificación que brinda o ciberespazo, Galicia conta dende hai uns anos co dominio .gal, que nos permite difundir a nosa identidade, dicirlle ao mundo que somos un pobo cunha lingua útil, chea de vida, con futuro. Este é o obxectivo que uniu a Real Academia Galega e a asociación PuntoGal no concurso de microrrelatos convocado en febreiro de 2018 por ambas as entidades, unha frutífera iniciativa na que participaron preto de 400 persoas de todas as idades e residentes en catro dos cinco continentes. Os que se presentan aquí son os cinco gañadores, cinco relatos que nun máximo de 200 palabras amosan que a nosa lingua é un poderoso vehículo para transmitir calquera mensaxe. Cinco microrrelatos que constatan tamén que, na era da comunicación dixital, seguimos a ser un pobo que sempre soubo contar historias.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.