III Concurso de microrrelatos: relatos gañadores
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
A linguaxe converteunos en humanos. Comezamos a falar quizais para comunicar cuestións básicas para a supervivencia, pero tamén para contar e soñar.
Durante moito tempo aquelas historias transmitíanse oralmente de xeración en xeración ou morrían tras seren pronunciadas. A escrita rescatounas do esquecemento e facilitou a súa difusión e perdurabilidade. Algunhas das máis fermosas escribíronse dende a Idade Media en galego. Case mil anos despois, esta lingua, a nosa lingua, é o principal sinal de identidade dos galegos e galegas. E tamén un xeito único de contármoslle ao mundo o que queiramos. Calquera historia. De amor e humor, de dor e alegría, de esperanza ou perda, fantástica ou real.
Velaquí unha boa mostra desta capacidade: os nove contos premiados entre os máis de setecentos cincuenta presentados ao III Concurso de Microrrelatos que convocamos a Real Academia Galega e PuntoGal. Difundímolos a través da Rede porque o presente de calquera cultura require o dixital. Neste novo espazo amplificamos a nosa voz, a nosa escrita, sen renunciarmos aos espazos de sempre. Neste novo mundo albiscamos novos horizontes para a nosa lingua dende o pracer que sempre proporcionan as pequenas grandes historias que decote moven o mundo.