V Concurso de microrrelatos: relatos gañadores

Microrrelatos 2022

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición dixital

Número de depósito legal (17)

C. 1078-2022

Data de publicación (11)

2022

Autores/as

Antonio Cepeda Fandiño; Carlos Neira Suárez; Anabel Rodríguez Vázquez; Antía Novas Arribas; Lucas González Pérez; Carlota Alcalde Lorenzo; Elena Pastoriza Cortizo; Marina Cabrera Vives; Ximena Landeira Lista; Laura Romero

Resumo

“A verdade é que o galego se fixo para min”. A confesión de Marina Cabrera Vives na temperá autoficción que se recolle nesta publicación contáxianos con humor a ledicia infantil do achado dun tesouro. Ela descubriu o noso idioma hai dous anos cando chegou a Galicia. E en tan pouco tempo é xa quen ata de crear literatura na lingua nai de adopción.

O galego é unha lingua feita para ela, para nós. Para todo un país que construímos día a día os galegos e galegas de nacemento e de acollida. Somos un pobo que quere contarlle ao mundo o que fai, o que sente, aquilo que a fai sorrir e chorar, as cousas que arela e o que é capaz de acadar. E facémolo con voz propia porque herdamos e gozamos dun idioma que nos permite mirar cara ao futuro sen esquecer o pasado. Porque a nosa é a lingua da xente moza que demostra que mantén os pés na terra e un ollar crítico, pero que non renuncia nunca á maxia de facer bailar o Universo.

Todo isto é o noso idioma. Todo isto somos nós. Todo isto pódese contar en menos de 200 palabras. Velaquí nove boas probas.

 

Xunta de Galicia

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.