II Concurso de microrrelatos: relatos gañadores
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
A lingua é a nosa principal ferramenta de expresión. Empregámola para compartir as ideas e os pensamentos, as arelas e os soños, os compromisos e os feitos. E tamén a identidade. Como galegas e galegos, o idioma de noso dános un lugar no mundo e proxéctanos con personalidade propia alén do noso territorio. Sucede en cada conversa falada, en cada libro, artigo ou apuntamento que plasmamos sobre o papel, en cada xesto que implique a palabra.
Acontece así desde hai máis de mil anos na terra que habitamos, pero o futuro da lingua pasa tamén pola conquista do mundo virtual. Este é o obxectivo que levou á Real Academia Galega e á asociación PuntoGal a convocar o concurso de microrrelatos que chega neste 2019 á segunda edición cun novo éxito de participación: preto de 500 textos nas distintas categorías, escritos desde recunchos de todo o mundo.
Velaquí os nove gañadores, capaces de dicir moito cada un deles en apenas 200 palabras. Nove microrrelatos de persoas de todas as idades que son herdeiras do mellor da tradición oral da nosa lingua. Porque somos un pobo que sabe contar historias. Arredor da lareira e na Rede.