VIII concurso de microrrelatos. Relatos gañadores

oitavo concurso de microrrelatos

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Data de publicación (11)

2025

Autores/as

Santiago Argüeso Galván; Damián Fernández Rodríguez; Rebeca Lema Martínez; Yanira Ansede Iglesias; Mencía Rodríguez Lorenzo; María Conde Alba; Ana López Canosa; Laura Álvarez Barrio; Irene Suárez Rodríguez

Resumo

Somos un pobo que conta. Facémolo desde tempos inmemoriais a través da palabra transmitida oralmente, cantada en forma de coplas que conforman o cancioneiro tradicional que recoñecemos nestas Letras Galegas 2025 protagonizadas polas cantareiras. Somos un pobo que conta, en forma de contos narrados á beira da lareira, de relatos breves escritos por grandes mestres como Castelao, outra figura senlleira da nosa cultura que honramos neste 2025. Setenta e cinco anos despois do seu pasamento, somos un pobo que conta na lingua por obra e graza da cal somos galegos. Contamos e cantamos nos terreiros. Contamos sobre o papel.

E contamos tamén na Rede, a última aldea global, onde compartimos estas pequenas nove grandes historias premiadas no VIII Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal. Nove textos, por baixo das 200 palabras, de sete autoras e dous autores entre os 9 e os 39 anos que nos demostran, un ano máis, que en galego habemos seguir a contalo todo.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.