Estudos de Onomástica Galega VI. A onomástica e o Camiño de Santiago

EOG VI

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-17807-12-2

Número de depósito legal (17)

C. 1964-2021

Data de publicación (11)

2021

Autores/as

Ana Isabel Boullón Agrelo
Editor/a literario/a
Luz Méndez
Editor/a literario/a

Resumo

Co gallo de se celebrar en 2021 o Ano Santo Compostelán, nesta VI Xornada quixemos achegarnos á onomástica do Camiño de Santiago. As perspectivas de estudo foron diversas: comézase pola Idade Media, na época da consolidación do Camiño, cunha achega sobre os cambios nos significados dos corónimos Galicia e España ao longo da historia e outra sobre o valor da toponimia para a crítica textual (neste caso, na transmisión do Códice Calixtino). Céntranse no propio nome de Santiago as dúas seguintes: unha sobre as súas moitas variantes na antroponimia e na toponimia peninsular e a segunda sobre a súa presenza na toponimia americana. Despois, as acostumadas experiencias didácticas, neste caso dúas con base na toponimia dun tramo do Camiño no concello de Ames. Finalmente, unha mesa redonda sobre o estudo da toponimia no Camiño de Santiago en que se conclúe a oportunidade de celebrar un congreso internacional sobre o tema, como corresponde á condición de Galicia de ser a meta do Camiño e á súa posición de liderado nos estudos toponímicos.

Índice

Limiar.
Ana Boullón e Luz Méndez

I.

  • Regnante in Spania et in Gallecia. Evolución semántica dos dous corónimos ao longo da Idade Media
    Anselmo López Carreira
  • Notas sobre a toponimia do Códice Calixtino: listaxes, Adania e Crunia
    José María Anguita Jaén

II. O topónimo Santiago no mundo

  • De Iacob a Santiago. O camiño dun nome. Santiago na onomástica peninsular
    Sandra Beis Silva
  • O topónimo Santiago en América
    Pilar Cagiao

III. A onomástica do Camiño na aula

  • Día a día facemos o Camiño da Ría. Patrimonio material e inmaterial no Camiño da Ría Muros-Noia ao seu paso por Ames
    M.ª Carmen Liñares
  • Imos por Ames. Un percorrido didáctico polo Camiño Portugués en Ames
    Luciano Fernández Martínez

IV. Galicia como impulsora en Europa dos estudos toponímicos sobre o Camiño

  • Toponimia de Galicia. Unha cala sobre o desenvolvemento dun gran proxecto
    Valentín García Gómez (Xunta de Galicia)
  • Onomástica no Camiño de Santiago segundo o Códice Calixtino
    Eduardo López Pereira (Academia Xacobea)
  • Retos e contradicións da categoría patrimonio inmaterial: da conservación á salvagarda
    Cristina Sánchez-Carretero (Consello da Cultura Galega)
  • Notas de toponimia xacobea galega
    Gonzalo Navaza (Real Academia Galega)
  • Debate

 

Deputación de Pontevedra

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.