Os nomes dos concellos da provincia da Coruña

Os nomes dos concellos da provincia da Coruña

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición dixital

ISBN-13 (15)

978-84-17807-09-2

Número de depósito legal (17)

C. 1169-2021

Data de publicación (11)

2021

Autores/as

Seminario de Onomástica da Real Academia Galega
Autor/a
Gonzalo Navaza
Autor/a

Resumo

Quen non se preguntou en máis dunha ocasión que significaría o nome do seu concello?, quen llo poría? cando e por que?

A presente publicación reúne o traballo do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega para deitar luz sobre o significado do nome dos 93 concellos da provincia da Coruña. Na entrada de cada un destes nomes recompílanse as distintas hipóteses etimolóxicas existentes sobre cada un destes topónimos e proporciónanse as nosas propias teorías sobre a súa orixe e significado.

A toponimia é algo que interesa a todos, desde rapaces a vellos, desde a xente da aldea e da costa á da cidade... A publicación destes contidos satisface a curiosidade de moita xente e amplia os coñecementos das novas xeracións sobre a historia do seu municipio. Esta é unha forma de achegar a toponimia á xente, de facela visible, atractiva e útil como ferramenta didáctica no ensino.

 

Deputación da Coruña

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.