Estudos de toponimia galega: tomo II
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
A Real Academia Galega comprácese en inaugurar as publicacións do seu Seminario de Onomástica (Sección de Lingua) coa edición dunha colectánea de estudos particulares que teñen como centro de atención os nosos nomes de lugar, e dos que é autor o sabio presbítero lucense D. Nicandro Ares Vázquez. Estes valiosos artigos de investigación onomástica achábanse até o momento dispersos e desarticulados.
Foi o filólogo e académico D. Antón Santamarina quen tomou sobre si o traballo de apañar aquí e acolá de diversas publicacións, recoñecidas ou de escasa relevancia académica, os estudos que Ares Vázquez foi diseminando ao longo da súa fecunda vida intelectual. O profesor Santamarina preparou a edición e o resultado é este libro ateigado de datos curiosos, dotado de intelixencia elucidatoria e vastamente servizal para o coñecemento da toponimia de Galicia. Con moi boas maneiras e espléndida sabencia, Nicandro Ares Vázquez fai falar os nomes de lugar e prové a converter a escuridade desta fraga onomástica de Galicia nun xardín ordenado, herborizado e intelixíbel.
Este volume é continuación do tomo I.