Estudos de Onomástica Galega II. Os nomes e os apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Os nomes e os apelidos constitúen a carta de presentación dunha persoa perante a sociedade. Pero, ao mesmo tempo, significan tamén parte do patrimonio familiar, posto que nos vinculan cos nosos devanceiros, e mais do patrimonio colectivo, pois son mostra da historia do noso pobo. A antroponimia galega foi formada na Idade Media, e ao longo da súa traxectoria unha parte dela foi interferida polo castelán. Neste volume analízanse diversas perspectivas de estandarización, que só moi recentemente se comezou a acometer: aspectos xurídicos, lingüísticos, a normalización lingüística e o seu papel nos textos literarios e nos medios de comunicación audiovisuais.
Ana I. Boullón e Luz Méndez
Índice
Limiar. Un patrimonio que nos responsabiliza.
Víctor Fernández Freixanes
I. Aspectos legais: a onomástica persoal no Rexistro Civil e os procedementos para restituír a forma estandarizada. Datos, problemas e solucións.
- Aspectos xurídico-substantivos da restitución de nomes e apelidos á forma galega: normativa e criterios de aplicación.
Consuelo Castro Rei - Rexistro Civil: a súa acomodación ás particularidades lingüísticas propias do galego.
Encarna Dasi Dorelle
II. Aspectos lingüísticos: grao de conservación e de deturpación no corpus moderno. Criterios para a restitución das formas normalizadas.
- Apelidos galegos, continuidade e alteración na transmisión.
Gonzalo Navaza - O Dicionario dos apelidos galegos e a restitución das formas galegas.
Ana Isabel Boullón Agrelo
III. A normalización lingüística. Estratexias para a difusión social das formas estandarizadas.
- Proposta de campaña desde a Administración de xustiza para recuperarmos a nosa onomástica persoal.
Anxos Sobriño - A normalización da antroponimia nos centros de ensino.
Valentina Fermoso Gosende
IV. Os medios de comunicación e a literatura: os nomes propios na ficción literaria e audiovisual.
- A onomástica da novela Costa do Solpor.
Xosé María Lema - Pautas para a elección dos nomes dos personaxes.
Mesa redonda:
Moderadora: Marga Pazos
Participantes: Xosé María Lema, Xosé Castro, Pato e Araceli Gonda.