Guia de nomes galegos
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
A Guía de nomes galegos ten como obxectivo ofrecer información á cidadanía á hora de coñecer a forma estándar dos nomes ou de escoller un nome galego para os seus fillos. Recolle máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica, moitos deles desde a Idade Media. Recóllense tamén moitos nomes novos que se habilitaron na sociedade desde a eliminación legal da prohibición de escoller nomes galegos para as nenas e os nenos. É o caso de moitos topónimos (Iria, Aldán, Xalo), formas do léxico común que ata o momento non foran empregados como antropónimos (Lúa, Area) ou variantes familiares que apareceron coa categoría de nomes nos rexistros oficiais (Catuxa, Maruxa, Xandre, Xela).
Achegamos aquí o repertorio de nomes que se ofrece na Guía de nomes galegos.