Rogos dun galego establecido en Londres ; Os servís e os liberás ; Soneto ao autor de Os servís e os liberás ; Romance á volta de Fernando VII

Manuel Pardo de Andrade
Autor/a
Henrique Monteagudo
Editor/a literario/a

Sinopse

Manuel Pardo de Andrade (1760 - 1832), o príncipe dos xornalistas galegos, foi un activista da causa liberal. Para a Academia teñen especial importancia os seus textos en galego. Deles, o máis relevante é o manifesto anti-inquisitorial titulado Os rogos dun gallego establecido en Londres. A primeira edición, impresa na Coruña no ano 1813, apareceu como anónima, igual que as seguintes. A cuberta da edición de 1841 contén este eficaz título: Rogos dun escolar gallego á Virxe do Bo Acerto pra que libre a terra da Inquisición. O folleto de Pardo de Adrade foi lido e declamado en cidades, vilas e aldeas de Galicia e constituíu un extraordinario suceso editorial.

 

Índice

Prólogo.
Xesús Alonso Montero

Palabras preliminares.
Ángel García Seoane

Semblanza de Manuel Pardo de Andrade.
María Rosa Saurin de la Iglesia

Os Rogos dun Galego e a obra en galego de Manuel Pardo de Andrade.
Henrique Monteagudo

I. Rogos d'un gallego establecido en Londres, dedicados aos seus paysanos para abrirlles os ollos sobre certas iñorancias, e o demais que vera o curioso lector

II. Os servís e os liberás, ou sexa, Os odinotes e os constitucionás. / Los serviles y liberales.
Romance en gallego y castellano
.

III. Soneto "al autor del romance en gallego titulado Os servis e os liberás"

IV. Romance [Un gallego transportado de júbilo con la venida del Rey constitucional...]

Cuberta para Rogos dun galego establecido en Londres ; Os servís e os liberás ; Soneto ao autor de Os servís e os liberás ; Romance á volta de Fernando VII
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-13 (15)
978-84-87987-90-8
Número de depósito legal (17)
OU. 214-2013
Data de publicación (01)
2013