Doazón da biblioteca e o arquivo de José Ogea (1841 – 1909)

Doazón da biblioteca e o arquivo de José Ogea

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición dixital

Data de publicación (11)

2014

Autores/as

Real Academia Galega
Autor/a

Resumo

José Ogea Otero, farmacéutico de Cortegada, foi, ao longo da súa vida, escritor, parlamentario na I República (1873), amigo das personalidades relevantes do seu tempo (Murguía, Eduardo Chao…) e autor do prólogo á primeira edición de Aires da miña terra (1880), de Curros Enríquez. A súa biblioteca e hemeroteca proban a súa amplísima curiosidade de lector e a súa modernidade intelectual: literatura grecolatina, abundante literatura francesa contemporánea, un número elevado de escritores portugueses e italianos contemporáneos, valiosas coleccións completas (a Biblioteca Gallega, por exemplo), os principais autores españois do seu tempo, coleccións case completas das primeiras revistas españolas do século XIX, bibliografía médico-farmacéutica, as máis importantes coroas literarias de fins do XIX… Alén disto, un fondo importante de proclamas políticas (algunha en galego), de xornais… e miles de páxinas manuscritas de obras súas, algunhas inéditas, e un rico epistolario.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.