Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxías

Ramón Nicolás
Editor/a literario/a

Sinopse

Esta antoloxía parte da premisa da existencia dun amplo corpus narrativo, conformado por oitenta e tres publicacións editadas entre o ano 1919 e 1927, que, en liñas xerais, perseguiu renovar tematicamente, nalgunha medida mesmo tecnicamente, a prosa galega. Foi, sen dúbida, un movemento de sístole-diástole no sistema literario galego esencial para avanzar e pór os esteos do que a novelística das grandes figuras da Época Nós nos deixaron; tamén para avanzar, inescusabelmente, na ampliación dunha base lectora en lingua galega.

A diversidade presente no catálogo das diversas editoras e empresas que se embarcaron na aventura de modernizar a prosa galega en canto a temáticas, rexistros expresivos, técnicas literarias, presenza de voces que permanecen no tempo e outras que foron esquecidas, quixo ser o criterio que gobernase esta antoloxía.

Deste xeito, están presentes os primeiros traballos literarios dalgúns dos máximos responsábeis da construción da narrativa galega contemporánea, eis Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919), Un ollo de vidro (1922), Pantelas, home libre (1925), de Vicente Risco, Afonso D. Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo, respectivamente. Mais tamén, unha serie de, tan interesantes coma descoñecidos, traballos que marcan tanto a variedade de propostas daquel entón coma a diversidade de liñas de creación cultivadas polos nosos creadores, algúns dos cales son, sobre todo, coñecidos pola escrita noutros xéneros.

Índice

Limiar.
Ramón Nicolás

Contos da forza (1916).
Euxenio Carré Aldao

Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919).
Vicente Risco

O deputado por Beiramar (1919).
Gonzalo López Abente

Queixumes / Home viaxeiro / Conto sinxelo (1920).
Antón Losada Diéguez

Un ollo de vidro (1922).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

O vello mariñeiro toma o sol, e outros contos (1922).
Euxenio Montes

O sol..., o vento (1922).
Ramón Cabanillas

O que o solpor calaba / As irremediábeis melancolías (1922).
Manoel Antonio

O serán (1922).
Xoán Vidal Martínez

A costureira (1922).
Nicolás García Pereira

A i-alma de Mingos (1922).
Francisca Herrera Garrido

Pantelas, home libre (1925).
Ramón Otero Pedrayo

Cabalgadas en Salnés (1925).
Fermín Bouza Brey

Os pobres de Deus (1925).
Luís Amado Carballo

Referencias

Bibliografía ampliada

Cuberta para Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxías
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-13 (15)
978-84-946005-5-5
Número de depósito legal (17)
C. 348-2017
Data de publicación (01)
2017