Antón Losada Diéguez

Antón Losada Diéguez
Autor/a
Xosé Filgueira Valverde
Editor/a literario/a

Sinopse

A nosa Real Academia escolle este ano, para que sexa conmemorado no Día das Letras Galegas, o nome de Antón Losada Diéguez, un dos persoeiros da xeración Nós. O centenario do seu nacemento, celebrado o ano anterior, foi para moitos unha revelación, pois non coñecían a fondo o que significara na vida do espírito, o seu influxo e a vixencia do seu esforzo.

Cumpre, deste xeito, a Corporación unha dobre obriga: a que ten cun galego egrexio e con un dos seus membros, pois foi elixido Correspondente no ano 1928, e non chegou a ser Numerario porque finou no ano seguinte, cando se postulara o seu nome para a cadeira vacante do poeta Barcia Caballero. Agora esta homenaxe é coma unha simbólica incorporación.

Escolma de textos e introdución biográfica de Antón Losada Diéguez realizadas por Xosé Filgueira Valverde co gallo do Día das Letras Galegas de 1985.

 

Contido:
- Prólogo
- Antón Losada Diéguez
- Cronoloxía da vida e da obra de A. Losada Diéguez
- Escolma dos escritos de Losada Diéguez

  • Líricas
  • Narracións
  • Teatro
  • Ensaios
  • Artigos de prensa
  • Colleita da literatura oral

- Bibliografía sobre Losada Diéguez

Cuberta para Antón Losada Diéguez
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-600-3921-8
Número de depósito legal (17)
VG. 115-1985
Data de publicación (01)
1985