Comisión de Publicacións

A Comisión de Publicacións da Real Academia Galega ten as seguintes funcións:

  1. Presentar anualmente ante o Plenario o Plan Editorial da RAG, coas correspondentes modificacións que periodicamente se poidan producir no mesmo, conforme os recursos orzamentarios da institución e os proxectos académicos que se determinen.
  2. Estudar os orixinais ou propostas que se fagan chegar á RAG. Cada académico ou académica poderá presentar orixinais ou propostas á Comisión a cal, logo de avalialas, as someterá á consideración do Plenario para o que se depositará na secretaría un orixinal para a súa consulta e consideración polos señores académicos e académicas.
  3. Informar periodicamente ao Plenario da súa actividade

O Plenario da RAG delega nesta Comisión de Publicacións as decisións que procedan para o cumprimento das súas funcións.

A Comisión de Publicacións esta constituída polos seguintes membros:

  • Víctor F. Freixanes. Presidente
  • Henrique Monteagudo. Secretario
  • Francisco Díaz-Fierros Viqueira
  • Manuel González González
  • Chus Pato
  • Pegerto Saavedra Fernández
  • Nélida Cosme. Secretaria técnica.