Propostas

Inicio de sesión ou Rexistrar para facer un envío.

Directrices para autores/as

  1. A lingua de publicación é o galego.
  2. Os traballos deberán conter material non publicado nin presentado para a súa publicación en ningún outro medio de difusión. A secretaría do Boletín comunicará a recepción dos orixinais.
  3. De cada traballo presentarase unha copia ben en papel, ben en soporte dixital. A copia en papel debe ser enviada ao seguinte enderezo:
          Real Academia Galega
          Rúa Tabernas, 11
          Apartado 557.
          15001 A Coruña
    A copia en soporte informático, pola súa banda, remitirase a:
          publicacions@academia.gal
  4. A entrega dos traballos para a publicación implica a cesión á Real Academia Galega, con carácter gratuíto e con fins de divulgación, estudo, investigación ou docencia, os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública da obra. Esta cesión será de forma exclusiva e para todo o mundo e ten por finalidade a protección do interese común de autores e editores.
  5. O texto deberá entregarse en versión definitiva. Unha vez recibidos os orixinais non se permitirá facer modificacións nin engadidos que afecten significativamente ao proceso de edición.
  6. O corpo utilizado nos parágrafos normais do texto será 12, con entreliñamento sinxelo.
  7. As referencias á bibliografía no texto faranse conforme o modelo de citación internacional:
    • Dentro do texto e das notas, as referencias bibliográficas faranse de xeito abreviado, por medio do apelido do autor ou autores, o ano e, de ser o caso, o número da páxina, coma nestes exemplos: (Ferreira 1989: 47), (Ferreira/Amoedo 1999: 17n), (Ferreira 1996b). A referencia completa reservarase para a bibliografía final.
    • Ao final, incluiranse por extenso as referencias bibliográficas das obras citadas ao longo do texto. Exemplos:
      • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012): Murguía. Vigo: Galaxia.
      • Rodríguez Fer, Claudio (1980): “O fonosimbolismo na poesía de Novoneyra”, Grial 68, 144-160.
      • Cochón, Iris (2003): “Lois Pereiro”, en Arturo Casas (ed.), Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000. Lugo: Editorial TrisTram, 661-682.
      • Suquet Martínez, Mirta (2011): “Da topoloxía do corpo á utopía da escrita: Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) de Lois Pereiro”, Revista de Poesía 1, 22-41 (http://www.poesiagalega.org/revista_de_poesia/revista/f/199).
      • TILG = Santamarina, Antón (dir.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. http://www.ti.usc.es/TILG/ [consulta en maio-setembro 2011].
  8. As citas textuais que se fagan dentro do texto principal deberán adoptar dous formatos diferentes: se non superan as cinco liñas, irán dentro do parágrafo, co mesmo tipo de letra, entre comiñas; as citas máis longas poñeranse en parágrafo á parte, sen comiñas, con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. En ningún caso se empregarán as cursivas.
  9. As notas do texto principal situaranse ao pé e estarán numeradas de xeito correlativo, en corpo 10. Non se incluirán aquí as referencias bibliográficas por extenso, para evitar a proliferación de notas no rodapé.
  10. Táboas/cadros. Realizaranse utilizando o comando específico de “edición de táboas”. As táboas ou cadros deben cumprir as seguintes normas: 1) irán numerados correlativamente (Táboa 1, Táboa 2 etc.); 2) levarán un encabezamento conciso. Farase referencia ás táboas ou cadros no texto principal. Exemplo: (Vid. táboa 1).
  11. Gráficos. Presentaranse orixinais con calidade para seren dixitalizados. No seu caso, tamén se poden presentar nun arquivo informático (preferentemente Excel). Neste caso recoméndase incluír na mesma páxina o gráfico e mais a táboa de datos. Sempre irán numerados de xeito correlativo (Gráfico 1, Gráfico 2 etc.). (Farase referencia aos gráficos no texto principal. Exemplo: (Vid. gráfico 1)).
  12. Fotografías, ilustracións, mapas, planos. Poderán presentarse orixinais con calidade para seren dixitalizados. Se o autor prefire presentar arquivos informáticos, recoméndase cumprir os seguintes parámetros:
    • Mapas, debuxos, planos, gravados: a dixitalización farase en “modo liña” ou “mapa de bits” (non se recomenda o modo “escala de grises”); a resolución será de 1200 ppp.
    • Fotografías: dixitalizaranse cunha resolución de 300 ppp. Resolucións inferiores a 225 ppp non son recomendables.
    Recoméndanse os seguintes formatos de arquivo: .TIFF, .EPS, .JPG.
    Irán numerados de xeito correlativo (Fig. 1, Fig. 2 etc.) con números arábigos.
    Farase referencia aos gráficos no texto principal. Exemplo: (Vid. Fig.1).
  13. Os materiais complementarios (táboas, gráficos, imaxes, mapas...) deben acompañarse do recoñecemento da fonte e da autoría, e, no seu caso, dos correspondentes permisos de uso e reprodución.
  14. Os autores poden solicitar que se lles envíen as primeiras probas para corrixir. Admitiranse só correccións tipográficas e ortográficas e, sempre a xuízo dos editores, aqueles engadidos ou eliminacións de texto que non afecten á maqueta da publicación.
  15. Os orixinais que non se suxeiten ás anteriores normas serán devoltos aos seus autores para a súa corrección.

Declaración de privacidade

En cumprimento do establecido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e os seus regulamentos de desenvolvemento, a Real Academia Galega infórmao de que os datos de carácter persoal proporcionados por vostede a través do correo electrónico, formularios de información ou subscrición, ou os procesos de contratación, usaranse exclusivamente coa finalidade de prestar e ofrecer as nosas publicacións e servizos. Os datos recollidos son almacenados baixo confidencialidade e non serán cedidos a persoas nin entidades alleas á nosa Institución.

En virtude do establecido na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), ofrécese a seguinte información:

  • Responsable da web: Real Academia Galega.
  • Enderezo de contacto: Rúa Tabernas 11. 15001 – A Coruña.
  • E-mail de contacto: publicacions@academia.gal
  • Tlf.: +(0034) 981 207 308.
  • Datos fiscais: Q-1568003F.