Os eoas: (unha aproximación)
Sinopse
Figura neste volume o poema épico inédito de Eduardo Pondal “Os Eoas” que trata da descuberta de América e no que o poeta de Bergantiños, seguindo os moldes da épica clásica e renacentista, crea o primeiro monumento deste xénero literario escrito na nosa lingua galega, símbolo da personalidade lingüística e cultural de Galicia, ademais de ser unha nova mostra da singular capacidade artístico-poética do sobranceiro fillo de Ponteceso.
Trátase do gran poema épico escrito por Eduardo Pondal, inédito até o de agora polas enormes dificultades que a ordenación e transcrición do orixinal suscitaba e que ata o rigoroso e esforzado traballo de Amado Ricón, parecía tarefa insuperable. A súa publicación foi considerada por algún intelectual como a máis importante noticia literaria galega do século.