Vocabulo[s] gallegos escuros: lo q[ue] quieren dezir

Vocabulo[s] gallegos escuros

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-10 (02)

84-87987-41-9

Número de depósito legal (17)

C. 1371-2003

Data de publicación (11)

2003

Autores/as

Bachiller Olea
Autor/a
José Luís Pensado
Editor/a literario/a
Dieter Messner
Editor/a literario/a

Resumo

José Luis Pensado deixounos á súa morte un texto manuscrito no que se analiza o primeiro vocabulario galego-castelán conservado, o Vocabulario del Bachiller Olea. Este estudo sae agora á luz, in memoriam do grande investigador ao que tanto debe a filoloxía galega.

O primeiro estudo do famoso vocabulario foi realizado por Xosé Filgueira Valverde en 1947, ao que alude José Luis Pensado ao comezo do seu "Estudio lingüístico". Este texto consta de tres partes: a primeira unha lista de 156 palabras, a maior parte delas acompañadas por vizosos comentarios paleográficos. Segue unha segunda parte baixo o título "Estudio lingüístico", no que, despois dalgunhas "Consideraciones generales", José Luis Pensado analiza "El concepto de lo Gallego en el Bachiller Olea" e "El sistema grafemático del texto". Na terceira parte, baixo o título de "El léxico", recóllense comentarios pormenorizados de cada entrada ata o número 72 (Debodo a Deus). Todo o texto constitúe un expoñente máis da ampla erudición do falecido filólogo. A partir da entrada 73 (Dependurado) os comentarios abrévianse e aparecen en menor contía as citas tomadas das moitísimas fontes consultadas coas que José Luis Pensado documenta cada entrada, ata chegar ás últimas entradas do Vocabulario, nas que non aparece comentario algún.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.