Poesías

Antonio de la Iglesia
Autor/a
María Rosa Saurin de la Iglesia
Editor/a literario/a

Sinopse

Xa teñen os eruditos nas súas mans as Poesías de Antonio de la Iglesia González (1822-1892), un dos homes que máis actuou na constitución do discurso literario do Rexurdimento, do que foi, tamén, un dos seus pioneiros importantes. Non é, sen dúbida, a poesía a faceta máis relevante deste home de Letras, pero xa era hora de que alguén nos ofrecese, nun volume, a súa obra poética dispersa, a inédita incluída. Chéganos da man dunha especialista, dunha autoridade na vida e na obra do polifacético don Antonio: a profesora María Rosa Saurin de la Iglesia. A presente colectánea consta de poemas que, no seu día, doou á nosa Academia dona Eladia de la Iglesia, pero tamén de composicións que obran no arquivo da propia investigadora.

A edición que a profesora Saurin nos ofrece destes 77 textos é a única plausible para lectores eruditos, principal destinatario das Poesías. A editora atense aos trazos lingüísticos gráficos de cada texto, tal como eles aparecen xa nas páxinas impresas, xa nos inéditos das páxinas manuscritas.

Cuberta para Poesías
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
87-87987-59-1
Número de depósito legal (17)
C. 2936-2005
Data de publicación (01)
2005