La Navidad de "Peludo"

Emilia Pardo Bazán
Autor/a

Sinopse

O Nadal é unha época na que tradicionalmente se nos lembra a existencia daqueles sentimentos e actitudes vitais que pasan, o resto do ano, se non desapercibidos, si agochados tras as esixencias da vida cotiá. Por iso é polo que ás veces algúns relatos do Nadal pequen de tal exceso de moralidade que nos privan do pracer da lectura. Non sucede isto con “La Navidad de Peludo” no que, unha vez máis, Emilia Pardo Bazán mostra a súa calidade como excelente narradora e así envía unha mensaxe de Nadal sen caer na insipidez nin o empacho duns tópicos manidos, escolle a historia dun ser inocente e indefenso, e por iso maltratado, pero capaz sempre, “con sus dulces y grandes ojos”, de soñar...

Posiblemente sexa esa a mensaxe que Dª Emilia enviou fai máis de cen anos e que se mantén vixente nos nosos días: que, a pesar de todo, nunca perdamos a capacidade de soñar.
Ángeles Quesada

Cuberta para La Navidad de "Peludo"

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
Data de publicación (01)
2007