Dicionario de alimentación e restauración: galego - castelán - inglés
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
A maioría das consultas recibidas no Servizo de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) pertencen ao ámbito da cociña e gastronomía. Foi así como este traballo, iniciado hai bastantes anos e retomado no 2009, centrou gran parte dos recursos humanos e materiais do servizo, co obxectivo de desenvolver unha terminoloxía gastronómica e culinaria en lingua galega.
Este dicionario nace con vontade normativizadora e constitúe a primeira obra destas características deseñada desde o punto de vista dos profesionais da restauración, pero destinada a un público obxectivo heteroxéneo, entre o que podemos citar profesionais da tradución, lingüistas, xornalistas e, en xeral, todas aquelas persoas ligadas ao ámbito da hostalaría. Esperamos que este traballo sirva para contribuír á normalización da terminoloxía gastronómica e culinaria en lingua galega, resolver dúbidas puntuais sobre os termos e facilitar a comunicación entre os profesionais do sector.