Vocabulario multilingüe de acuicultura: galego, español, inglés, francés, portugués

Fernando Lahuerta Mouriño
Autor/a
Francisco X. Vázquez Álvarez
Autor/a
Xosé L. Rodríguez Villanueva
Autor/a
Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega
Editor/a
Centro Ramón Piñeiro
Editor/a
Xunta de Galicia
Editor/a

Sinopse

Galicia ocupa un lugar pioneiro na investigación e no desenvolvemento da acuicultura, de aí a oportunidade e a utilidade deste Vocabulario de acuicultura, que vai constituír un instrumento importante, dado o seu carácter plurilingüe, para facilitar a comunicación científica, técnica e comercial con outros países nas actividades que teñan que ver co cultivo de especies acuáticas.

Esta obra está concibida como un texto de referencia terminolóxica para biólogos e técnicos en acuicultura, pero tamén para administradores, economistas e lexisladores. Cada termo preséntase en galego, español, inglés, francés e portugués, tendo un índice alfabético que permite unha busca rápida no texto. Cando se trata de organismos acuáticos inclúese tamén a denominación científica da especie.

Cuberta para Vocabulario multilingüe de acuicultura: galego, español, inglés, francés, portugués
Colección
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-453-3316-X
Número de depósito legal (17)
C. 683-2002
Data de publicación (01)
2002