No sesquicentenario do nacemento de José Fontenla Leal: (Ferrol, 12 de febreiro de 1864 – A Habana, 5 de decembro de 1919)

Real Academia Galega
Editor/a

Sinopse

Hoxe, 12 de febreiro de 2014, hai cento cincuenta anos que naceu, en Ferrol, un cidadán a quen as institucións galegas deberían tributar o seu recoñecemento e, dun xeito especial, a Real Academia Galega. Foi el, aquel humilde litógrafo, quen participou en canta actividade protagonizaron os
galegos de Cuba a favor do coñecemento e do progreso de Galicia. A Cuba emigrara este ilustre cidadán das mellores causas galegas cando aínda era un neno. Xa adulto, Galicia, o país deixado para sempre na súa infancia, foi o seu norte, o seu compromiso e o centro dos seus soños.

Cuberta para No sesquicentenario do nacemento de José Fontenla Leal: (Ferrol, 12 de febreiro de 1864 – A Habana, 5 de decembro de 1919)
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición dixital
Data de publicación (01)
2014