Os apelidos en galego: orientacións para a súa normalización

Seminario de Onomástica da Real Academia Galega
Autor/a

Sinopse

Os apelidos en galego (Orientacións para a súa normalización) recolle mil cincocentos apelidos da nosa tradición, escolleitos, maioritariamente, cun criterio de frecuencia. A presente achega é unha das tarefas do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, seminario no que un equipo dirixido pola profesora Ana Isabel Boullón Agrelo, elaborou o presente traballo.

Coa relación que aquí se presenta quéreselles facilitar aos funcionarios dos Rexistros un elenco de formas estándares. Ademais, inclúese unha equivalencia das formas castelanizadas coas súas galegas correspondentes; os cidadáns deben saber que, na inmensa maioría dos casos, os apelidos casteláns en Galicia son o produto da deformación case sempre involuntaria dun apelido orixinariamente galego.

Cun glosario de formas e grafías anómalas coas súas correspondentes formas estándares os usuarios poderán comprobar doadamente, en caso de dúbida, cal é o estándar correspondente. Preténdese, así, avanzar nun aspecto tan importante da normalización lingüística como é o dos apelidos, que nos identifican como persoas e como pobo.

Cuberta para Os apelidos en galego: orientacións para a súa normalización
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
Número de depósito legal (17)
C. 1947-2016
Data de publicación (01)
2016