Xohana Torres. Natureza de illa: homenaxe da Real Academia Galega a Xohana Torres

Marilar Aleixandre
Editor/a literario/a

Sinopse

Celebramos nesta plaquette a luminosa escrita de Xohana Torres (Santiago de Compostela, 1929 - Vigo, 2017), poeta, dramaturga, narradora, ensaísta, pioneira da radio en galego, académica da Real Academia Galega. Luminosa pois emite luz e ten natureza de luz. Do seu primeiro poemario, Do sulco (1957), seguido por Estacións ao mar (1980) e Tempo de ría (1992), ao último publicado en vida, Elexías a Lola (2016), a voz singular de Xohana resoa, apreixando o fulgor das paisaxes galegas, escaravellando no máis fondo dos pensamentos.

Once poemas, nove recitados por poetas e amizades de distintas xeracións, dous cantados, revelando a música interior, un fragmento teatral, e mais breves ensaios ou cartas de amor, honran a vida e a escrita de Xohana Torres, natureza de illa, natureza de luz, irreverente, señora dos mapas e dos mares.

Índice

  • Víctor F. Freixanes. Memoria de Xohana Torres
  • Marilar Aleixandre . Gardiana do salitre. Homenaxe a Xohana Torres
  • Ana Romaní. Xohana Torres: incesante resplandor

TEXTOS

  • Euloxio R. Ruibal, Ánxela G. Abalo e Gustavo Pernas. A outra banda do Íberr
  • Tamara Andrés. É a forza crúa do sol
  • Xosé Manuel Beiras. Sueiro
  • Berta Dávila. Poesía, convicta natureza de illa
  • Xosé Luís Franco Grande. As doce do día
  • Margarita Ledo. A dura maxestaxe do silencio
  • Carlos Negro. Ofelia
  • Ánxeles Penas. ¿E todo para que corazón meu?
  • Luz Pozo Garza. O mar, o mar, os signos estelares
  • Ismael Ramos. Vaga inicial do inverno

DÚAS CANCIÓNS PARA XOHANA

  • Guadi Galego e Guillerme Fernández
    1. Nai
    2. Penélope
  • Xesús Alonso Montero. Xohana Torres, unha voz auroral
Cuberta para Xohana Torres. Natureza de illa: homenaxe da Real Academia Galega a Xohana Torres
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-13 (15)
978-84-87987-80-9
Número de depósito legal (17)
C. 382-2018
Data de publicación (01)
2018