Toponimia da Estrada

Fernando Cabeza Quiles
Autor/a

Sinopse

A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia, partindo do Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, xunto cos principais accidentes xeográficos da zona. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares.

Fernando Cabeza Quiles, o autor do número 4 desta colección, correspondente á toponimia da Estrada, é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, con varios libros e moitos artigos publicados ao longo de máis de trinta anos de labor.

Cuberta para Toponimia da Estrada
Colección
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-13 (15)
978-84-947823-6-7
Número de depósito legal (17)
C. 2392-2018
doi (04)
10.32766/rag.336
Data de publicación (01)
2018