Horas de Compostela: homenaxe da Real Academia Galega a Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño
Autor/a
Marilar Aleixandre
Editor/a literario/a

Sinopse

Salvador García-Bodaño, poeta, narrador, activista a prol da democracia e da lingua e cultura galegas. Fundador de asociacións tan emblemáticas como O Galo, colaborador do Museo do Pobo Galego, da revista Teima, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, entre outras moitas. Sobre todo poeta.

Desde o seu primeiro poemario, Ao pé de cada hora (1967), seguido por Tempo de Compostela (1978), Compostela (1989), Pegadas no alcatrán (1994) a Cantos de Ausencia. Elexías (1959-2002) (2004), a súa palabra traza un itinerario do íntimo. Os seus poemas revelan o interior dos sentimentos e as rutas interiores de Compostela, a cidade para sempre vencellada ao seu nome.

Trece poemas, uns cantados, outros recitados por poetas de distintas xeracións, honran nesta plaquette a escrita de Salvador, o seu compromiso cívico e poético.

Índice

Cidade soñada
Víctor F. Freixanes

Navegar no verso. Travesía de tempo
Andrea Porto

No abeiro do canto
Arcadio López-Casanova

TEXTOS

  • Compostela é unha rúa longa
    Luz Pozo Garza
  • Illa atlántica
    Xosé Luís Franco Grande
  • Lonxás domingos reprimidos
    Margarita Ledo Andión
  • Un suco no tempo
    Dores Tembrás
  • Galicia
    Darío Xohán Cabana
  • Amencida de alucinación
    Helena Villar Janeiro
  • Mar do ocaso
    Xulio López Valcárcel
  • Non houbo galos
    Marilar Aleixandre
  • ¿Que gubias han tallar na cerna da tarde?
    Alba Cid
  • A cidade pechouse de novo en si mesma
    Baldo Ramos

TRES CANCIÓNS DE MIRO

  • Miro Casabella
  • Adeus
  • Compostela
  • Se uas a Compostela

Un poema rosaliano de Salvador García-Bodaño. Poesía e cidadanía
Xesús Alonso Montero

A Rosalía de Castro, campesina na eternidade

Cuberta para Horas de Compostela: homenaxe da Real Academia Galega a Salvador García-Bodaño
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
Número de depósito legal (17)
C. 364-2019
doi (04)
https://doi.org/10.32766/rag.340
Data de publicación (01)
2019