El engaño

Emilia Pardo Bazán
Autor/a
Craig Patterson
Tradutor

Sinopse

Contan as crónicas da época que Lady Hester Stanhope (1776-1839), sobriña do primeiro ministro William Pitt, viaxaba ata A Coruña todos os 16 de xaneiro, para bicar o que foi o amor da súa vida. Contan tamén que a súa silueta pasea polo xardín de San Carlos, onde xace Moore. Da nada, de súpeto, xorde a misteriosa figura dunha muller elegante, vestida de branco, co rostro cuberto por un gran sombreiro. A súa sombra camiña queda, ata a tumba do seu amado, párase e logo desaparece. Quizais na protagonista de “El engaño”, Emilia Pardo Bazán quixo retratar esta nobre británica.

Edición bilingüe do conto de Emilia Pardo Bazán publicado por vez primeira en La Ilustración Española y Americana (ano LII, 25 [8 de xullo de 1908], 3 e 5).

Cuberta para El engaño

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición dixital
Número de depósito legal (17)
C. 1306-2019
doi (04)
https://doi.org/10.32766/rag.351
Data de publicación (01)
2019