Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí: Transcrición dun legado inaugural berciano do Rexurdimento

Cartas e composiciois autógrafas

Descargas

Colección

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-87987-23-6

Número de depósito legal (17)

C. 1862-2019

Data de publicación (11)

2019

Autores/as

Héctor M. Silveiro Fernández
Autor/a

Resumo

Esta edición das primeiras composiciois inéditas de Antonio Fernández Morales en galego do Bierzo forma parte da recuperación, estudo e difusión dunha correspondencia dos anos 1847-1848 do autor que iniciamos con motivo do seu bicentenario.

Pretende destacar o seu valor para a literatura galega contemporánea, especialmente para as investigaciois sobre a etapa denominada do Rexurdimento (ou tamén da Rexeneración). Efectivamente estas cartas, dirixidas ao filólogo catalán Mariano Cubí e Soler, adquiren unha forte compoñente literaria e permítennos de xeito sorprendente observar en detalle o proceso de creación dos Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861), obra máis representativa de Fernández Morales, a singular participación do Bierzo nun movemento literario que non se prodiga en textos deste tipo nos seus primeiros momentos.

Estas cartas, as creaciois poéticas e anotaciois que inclúen conforman, pois, un legado inaugural de importancia excepcional para un coñecemento integral de dito movemento, tendo en conta que ata o 2017 permanecía totalmente descoñecido. A transcrición que se presenta vén acompañada dun breve limiar que se axunta como un primeiro paso previo a unha investigación de maior envergadura que contribúa á plena e xusta incorporación do galego do Bierzo á Historia da lingua e da literatura galegas.

 

Logo Xunta de Galicia     Logo Ministerio

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.