Rosalía de Castro na Real Academia Galega
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Non se pode facer a historia do rosalianismo sen termos en conta, moi en conta, certos discursos de ingreso na Real Academia Galega. Uns céntranse na vida ou na obra de Rosalía e outros fan incursións nalgunha das súas facetas. Tres, polo menos, son capítulos fundamentais da crítica rosaliana: o de Otero Pedrayo (1929), modelo de interpretación conmovedora; o de Carballo Calero (1958), modelo de erudición esclarecedora, e o de Luz Pozo Garza (1996), un singular ensaio poético no que a autora se nos revela como unha gran rosalióloga, mellor aínda, como alguén que escribe sobre a vida e a poesía de Rosalía de Castro desde o seu mesmo "logos".
Nesta ocasión limitámonos a ofrecer páxinas dos discursos de nove académicos lidos, de 1907 a 1996, nas correspondentes sesións de ingreso. Deste xeito, a Fundación Rosalía de Castro homenaxea á Real Academia Galega no ano do seu centenario.
Índice
- Rosalía na Academia
Xesús Alonso Montero - El renacimiento en la poesía regional (1907)
José Antonio Parga Sanjurjo - A saudade nos poetas galegos (1920)
Ramón Cabanillas - Romanticismo, saudade, sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal (1929)
Ramón Otero Pedrayo - Rosalía de Castro, precursora da Fala (1948)
Victoriano Taibo - El sentimiento Iírico materno en la pintura de Ovidio Murguía (1951)
José Luís Bugallal Marchesi - Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1958)
Ricardo Carballo Calero - Nova aproximación a unha filosofía da saudade (1980)
Andrés Torres Queiruga - Diálogos con Rosalía (1996)
Luz Pozo Garza - Resposta ó discurso de Luz Pozo Garza (1996)
Xesús Alonso Montero - Esa luz envolvente e misteriosa
Helena Villar Janeiro