Muller e literatura
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
O traballo recollido no presente volume presentouno Xela Arias no Encontro de escritores galegos e portugueses: muller e literatura celebrado en Santiago de Compostela en 1991 e publicouno Camiño Noia na colectánea Xela Arias, quedas en nós (Xerais, 2004).
En palabras de Camiño Noia, no texto Xela “fai unha fonda reflexión sobre o papel da escritora na sociedade galega baseada en experiencias persoais [...]. Ten o valor de expoñer en poucas liñas a súa visión da escrita de mulleres e do feminismo, dándonos sen ocultamentos as bases da súa construción poética. É un texto crítico con persoas e colectivos e, xa que logo, moi valente”.