Toponimia da Pontenova

Xulia Marqués Valea
Autor/a

Sinopse

O concello lucense da Pontenova pertence á comarca da Mariña Oriental. Está constituído na actualidade por once parroquias: Bogo, Conforto, A Pontenova, Rececende, Santo Estevo de Rececende, Vilaboa, Vilameá, Vilarmide, Viloudriz, Vilouruz e Xudán.

O concello da Pontenova é resultado dun proceso histórico que acada, ben avanzado o século XX, a súa configuración e denominación actuais. A principios do século XIX, o termo municipal estaba dividido en tres concellos, Conforto, Miranda e Vilameá. No proceso de configuración do territorio do actual concello da Pontenova hai que referirse obrigatoriamente a Miranda, á xurisdición e terra de Miranda, topónimo ao que Edelmiro Bascuas lle atribúe un valor orixinariamente hidronímico (< raíz ir-, *er ‘moverse’), radical que compartiría con outros nomes de ríos e lugares como Mera, Mira e Mirós.

Xulia Marqués Valea, doutora especialista en toponimia con ampla experiencia en estudos etimolóxicos e recollida de campo e didáctica da onomástica, é a autora do número 7 da colección Terra Nomeada, correspondente á Toponimia da Pontenova. Da súa man, e nesta mesma colección, contamos coa Toponimia de Trabada.

 

Xunta de Galicia     Ministerio de Ciencia e Innovación

Cuberta para Toponimia da Pontenova
Colección
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Ed. impresa
ISBN-13 (15)
ISBN: 978-84-17807-10-8
Número de depósito legal (17)
C. 1066-2021
doi (04)
https://doi.org/10.32766/rag.379
Data de publicación (01)
2021