Maxina ou a filla espuria

Marcial Valladares Núñez
Autor/a

Sinopse

No centenario do nacemento de Marcial Valladares Núñez (Vilancosta, Berres-A Estrada, 14/VI/1821 – 20/V/1903), a Editorial Galaxia, en colaboración coa Real Academia Galega, publica unha edición de Maxina ou a filla espuria que segue o manuscrito depositado no arquivo da RAG, a onde chegou por doazón do Centro Galego de Buenos Aires en novembro de 1970.

A novela apareceu publicada por entregas en 1880 na revista La Ilustración Gallega y Asturiana que dirixía Murguía. Nela cóntase a historia de Otilia de Sancti-Petri, unha moza da burguesía compostelá que é violada nun baile de máscaras, a consecuencia do cal nacerá unha nena que chamarán Maxina. Co fin de preservar a honra da nai, a nena será dada ao hospicio, e logo recollida e criada polos labregos Inés e Caitán, xunto ao seu medio irmán Ermelio, afillado de Salvio, o señorito de Rebordán, namorado e pretendente de Otilia. O azar acabará permitindo coñecer a orixe de Maxina, descubrir o autor da violación e saber do futuro de Maxina.

Nesta edición ofrécese un texto actualizado, para facilitar o acceso á súa lectura, e acompañado coa reprodución facsimilar caligráfica do manuscrito orixinal de 1870.

Cuberta para Maxina ou a filla espuria
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Ed. impresa
ISBN-13 (15)
978-84-9151-643-9
Número de depósito legal (17)
VG. 343-2021
Data de publicación (01)
2021