A educación do home e da muller e outros escritos feministas
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Emilia Pardo Bazán definiuse a si mesma como “radical feminista”, utilizando abertamente o termo. Reivindicou todos os dereitos para as mulleres, denunciou os mullericidios —creando esta palabra—; criticou as discriminacións, da dobre moral sexual á prohibición de fumar; da negativa a permitirlles ás mulleres exercer traballos ben remunerados; á exclusión das academias; exerceu a súa liberdade como muller. Foi máis alá da esixencia de dereitos e a denuncia das exclusións sufridas polas mulleres: elaborou unha construción teórica, identificando os alicerces ideolóxicos da discriminación e algúns dos mecanismos polos que se exerce, o que hoxe chamamos patriarcado.
Este libro recolle, no ano do seu centenario, un dos seus ensaios máis relevantes sobre feminismo, traducido ao galego, “A educación do home e a da muller”, e mais sete artigos de prensa, co obxectivo de contribuír ao coñecemento das ideas feministas de Emilia Pardo Bazán, que seguen de actualidade.