Retallos de poesía e prosa
Sinopse
O que lle cómpre ao lector, no presente folleto, é dispor de seu dunha mostra escolleita da poesía ou da prosa de Pintos. Douna na antoloxía entresacando, ás veces, anacos de poemas enteiros −ende que os denomine Retallos− e repártoa en catro grupos temáticos: enxalzamento e defensa da Fala, amor afervoado a Galicia, sensibilidade humana e social para os dereitos, as dores e as queixas do Home e a querenza saudosa das glorias pasadas ou das rexoubantes conversas de acotío do curruncho natal. Poderíase ter escollido calquera outra disposición, pero a que adoptei, responde a verdadeiras gravitacións ideolóxicas da mente de Pintos. Era obrigado espellalas.
Escolma de textos e introdución biográfica de Xoán Manuel Pintos realizadas por Isidoro Millán González Pardo co gallo do Día das Letras Galegas de 1975.
Contido
- Presentación
- Fitos cronoloxicos
- Antoloxía
- Da fala
- Pregón de A gaita gallega (1852)
- Defensa da nosa fala (1853)
- Cada paxaro o seu canto... (1859)
- Da terra
- A Galicia (1861)
- O soño dun labrego en 1845
- O ano da fame (1853)
- Do home
- A historia que o sol veu pasar (1853)
- Doutrina moral dun mestre de aldea (1853)
- A un ciprés (1853)
- Da boa vila
- Lerias de Pontevedra (1857)
- As festas do san Bartolomeo (1853)