Crónica troyana: introducción e texto
Sinopse
Estamos a ofrecer, neste libro, unha obra de importancia fundamental para o coñecemento da nosa lingua en profundidade e con rigor. Unha profundidade e un rigor que se botan ben de ver na magnífica introdución do profesor Ramón Lorenzo, Catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade compostelán e Numerario da nosa Real Academia Galega.
Era de todo punto necesario dispoñer dun estudo e dunha edición, á altura dos nosos tempos, da Crónica Troiana. Nela latexa, con pulo emocionante, o idioma galego escrito da época medieval, cos seus avatares, cos cambios, as metamorfoses, que se corresponden co intre histórico no que o venerable texto foi escrito.
Colección
Categorías
Detalles sobre este monográfico
Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-85728-46-7
Número de depósito legal (17)
C.129-1985
Data de publicación (01)
1985